O Sector cinematográfico en Galicia dende unha perspectiva de xénero
Mesa redonda:

Olga Osorio
Directora, guionista e profesora de dirección e montaxe na Escola de Imaxe e Son da Coruña e da facultade de Ciencias da Comunicación da mesma cidade. As súas curtametraxes foron seleccionadas e premiadas en varios festivais de primeira liña como Sitges, Palm Springs, Seattle IFFF, Leeds, New York Children IFFF, etc. Na actualidade está a desenvolver coa produtora Vaca Films unha longametraxe xurdida da súa curta Einstein-Rosen.
FILMOGRAPHY
2019 TINDER TIME
2018 MOURAS
2016 EINSTEIN-ROSEN
2015 reSTART
Araceli Gonda
Guionista feliz. Préstalle especialmente a comedia, por iso lle encantou escribir Luci ou Padre Casares (TVG). Tamén o pasa ben facendo sufrir á xente, como en Hierro (Movistar+ e Arte France). 18 comidas, de Jorge Coira, é das súas películas favoritas, pero non ten nada que ver con que colaborase no guión.

Nati Juncal
Produtora, directora de produción de Lúa vermella de Lois Patiño; xefa de produción de Longa noite de Eloy Enciso, e Eles transportan a morte dirixida por Helena Girón e Samuel M. Delgado. En 2018 fundou a produtora Cósmica Producións coa directora Sonia Méndez, coa que produciu a webserie Antes de perder.

Zelia García
Xornalista e fotografa, activista de Galiza Contrainfo e membro de Andaina de Mulleres, Asociación Cultural, editora de Andaina: Revista Galega de Pensamento Feminista.

Proxección curtas: Obradoiro "Levando a Contraria"

Renata Otero
Formadora, artista multidisciplinar e investigadora de xénero.
Traballa o tema da identidade desde hai máis de trinta anos. Participa en iniciativas feministas a cotio.